mércores, 25 de setembro de 2013

A TRIBUTACIÓN DAS PENSIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS, PROBLEMA E SOLUCIÓNS.


Xurxo Charlín Trigo é Colexiado Oficial do Ilustre Colexio de Titulados Mercantís e Empresariais de Vigo . Consutamoslle sobre a problemática dos emigrantes retornados .


Contanos un pouco, como comezou todo este tema?
A partir do mes de Marzo deste ano, comezouse a realizar unha campaña da Axencia Tributaria para regularizar a situación tributaria de todos aqueles emigrantes retornados, con pensións no estranxeiro, para que tributen estes rendementos na súa declaración do I.R.P.F.

Pero que obxecto ten enta campaña?
 Esta campaña ten un claro afán recadador, no que se están a revisar as declaracións da Renda dende o exercicio 2008 en adiante, pero unicamente por que os anos anteriores están prescritos.

Exactamente que esa a pasar ?
Pois que aqueles que nos anos 60, por exemplo emigraron a Suíza en busca dun futuro mellor, están hoxe sendo investigados e tratados como os que foron o mesmo pais a depositar importantes de diñeiro en contas opacas.

Asi polas boas?
Si. A Axencia Tributaria, tentase xustificar no aforismo latino "ignorantia legis nemine excusat" (a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento), e alegando que “ha sido detectada la existencia de un número elevado de contribuyentes que han declarado correctamente las pensiones obtenidas en el extranjero, pero también se han advertido contribuyentes que no lo han hecho" e "no corregir este comportamiento supondría hacer de peor condición a quien percibe sus pensiones en España”. Pero o que non se xustifica e este afán recadador por parte do organismo, xa que moitos dos afectados viñan percibindo estas pensións dende fai décadas e nunca foron investigados nin sancionados ata este ano, solo entre Marzo e Xulio de 2013, contábanse con mais de 20.000 afectados en Galicia e a dia de hoxe os sancionados son case 25.000, sendo a cantidade media que se lles reclama entre 12.000 e 15.000 €.

Supoñemos que todo isto ten base legal?
  Si, por suposto. A obriga de declarar no I.R.P.F. as pensións de outros países, ven introducida na natureza do propio imposto da renda das persoas físicas, xa que co traslado da residencia fiscal unha vez retornado o emigrante, convertese en suxeito pasivo do I.R.P.F. por obrigación persoal,

Podes explicalo mellor?
faltaría mais. Isto quere dicir:  suxeición no Estado Español a tódalas rendas mundiais, tanto polas rendas obtidas no estado, como polas rendas obtidas no Estranxeiro. Convén ter en conta que para considerarse residente e polo tanto obrigado a tributar no territorio Español, tense que residir mais 183 días o ano en España.

Afecta a todo o mundo ?
Non. Unha persoa esta obrigado a presentar a declaración da Renda, se percibe rendementos do traballo superiores a 11.200 € de dous ou mais pagadores, ou se os percibe dun so pagador, se non esta obrigado a practicar retención, como e o caso das pensións percibidas do estranxeiro.

Pero as persoas que non estan obrigadas a facer a declaración porque se estan vendo metidas neste lio?
 Por haber confirmado o borrador da declaración, que no caso dos perceptores das pensións no estranxeiro non as inclúe por un erro administrativo.

Enton se as persoas non obrigadas que non confirmaran ese borrador non terian que declarar estes ingresos?  
Pois non porque precisamente non estan obrigadas, e polo tanto a Axencia Tributaria non podería tampouco realizarlles unha declaración complementaria. Pero o realizar voluntariamente a liquidación, a través do Borrador erróneo que lles remitiu a Axencia Tributaria, atópanse obrigados a regularizar a súa situación, tendo que aboar o importe da declaración da Renda “correctamente” calculada, e que na maioria das veces e superior o declarado anteriormente.

Por asegurarnos. Se non teñen que facer a declaración…?
 Non estarían obrigados a desembolsar nada , salvo que confirmaran o borrador da declaración que lles remitiu erroneamente calculado a propia Axencia Tributaria.

 E se iso ocorre?
 Unha vez que nos atopamos dentro destes dous casos, que nos correspondera declarar a pensión  e non o tiveramos feito ou que non nos correspondera pero  aceptaramos o borrador de facenda, o primeiro que se debe comprobar e o tratado internacional de dobre tributación existente entre o estado Español e o pais de onde se percibe a pensión, xa que cada tratado ten as súa normativa especifica.

Isto non funciona con todos os países igual, entón?
Non.  E ademais moitas veces non se  aplica correctamente nas inspeccións tributarias, xa que por exemplo, no caso das pensións percibidas de Alemanía, as pensións percibidas por traballar en organismos públicos do estado Aleman están exentas de tributar no I.R.P.F.

Ou sexa, que neste caso concreto non se  paga  a facenda?
 Non , pero ocorre que este dato non e coñecido pola Axencia Tributaria, xa que so ten constancia do ingreso nunha conta bancaria do importe da pensión de outro pais, sendo obrigación do perceptor da pensión xustificar que esta pensión esta exenta por percibila despois de traballar nun organismo publico, a través da documentación de concesión da pensión ou do certificado do importe percibido durante o ano anterior, documento que se remite por correo postal a principio de cada ano, estando normalmente estes documentos no idioma do pais de orixe, e tendo que asumir as costas, o perceptor da pensión, da tradución do documento por un tradutor xurado. 

En resumo, que hai que estudar a situación en función do pais non que se estivera emigrado? Si, efectivamente. E hai moitas diferenzas duns a outros.

Pero hai mais…
Si. Outro punto que se debe ter en conta, e que pode favorecer a redución na tributación de moitos pensionistas obrigados a declarar as súas pensións por atoparse nesta situación, e o recoñecemento do grado de minusvalía a través da Xunta de Galicia.

Por qué?
 Por que no caso de ter algún tipo de enfermidade ou algún impedimento físico polo cal se perciba pensión, se lle é recoñecida esta minusvalía por parte do órgano acreditado dentro do estado Español.

E tributaria menos.
Efectivamente,  nacería o dereito a unha redución na tributación dos rendementos do traballo, e polo tanto diminuiría o importe a ingresar na declaración da renda.

 E cal é o problema?
Dáse o caso de persoas que están percibindo unha pensión por invalidez de outro pais, acreditando unha minusvalía, pero non poden aplicar este tipo de deducións na renda en España ata que sexan avaliados pola Xunta de Galicia, xa que so se pode acreditar a minusvalía si está  avaliada por un organismo dentro do estado Español. O gran problema e que o prazo no que se esta tardando en avaliar a través da Xunta de Galicia a xente que se atopa nesta circunstancia pode pasar do ano, e moitas veces precisa a visita a Asistenta Social municipal e da sinatura desta circunstancia polo medico de atención primaria asignado
.
Como profesional crees que se están aportando as solucións correctas dende o ámbito político?
 Estanse dando pasos. Os últimos acordos parlamentarios parecen camiñar algo cara a solución do problema pero creo que ese pasos  resultan algo tibios e moi lentos, no sentido practico. Ou sexa, que a moitas persoas as solucións vanlle chegar moi tarde. E hai casos moi dramáticos. Pero penso que ademais hai moita falta de información. Como xa vos expliquei, algúns casos resolveríanse cunha simple, pero ben argumentada,  reclamación administrativa ao ministerio de  facenda, e outros resolveríanse mais rapidamente se Xunta axilizase os tramites que lle corresponden.

Que consello lle darías a calquera persona que se vira nunha situación destas, cunha sanción de facenda?
Informarse. Acudir a un profesional do tema, un asesor. Unha persoa cualificada que nos poida explicar mellor cales poden ser as solucións, non caso de habelas,  ao problema. 

Deixamosvos tamén a interesante intervención do diputado de A.G.E. Juan Manuel Fajardo, onde recrimina o PP que diante dos pensionsitas galegos perceptores de pensións doutros países asegura que os requerimentos da Axencia Tributaria son inxustos mentres defende todo o contrario en sesión plenaria